Celtas, Castrexos E Romanos

Autor
Francisco González García
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788491218494
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
208
Formato
Rústica
Colección
Universitaria
Dimensiones
21 x 14 cm
18,50€

Un libro para coñecer os que foron considerados os nosos devanceiros. Onde se sitúan as orixes dos galegos? É esta unha pregunta á que se lle deron respostas moi diferentes dende hai máis dun século e medio. Segundo a época en que nos situemos, os celtas, os castrexos ou mesmo os romanos foron considerados os nosos devanceiros, tal e como podemos comprobar nos textos dos eruditos e historiadores galegos dos séculos XIX e XX. Celtas, castrexos e romanos sintetiza os principais procesos históricos da Antigüidade galaica: a aparición dos castros e as súas transformacións, o papel da guerra na vida social e cultural das poboacións do noroeste peninsular ou as mudanzas que estas experimentaron tras a conquista romana. Todos estes procesos non poden entenderse sen o protagonismo dos distintos pobos que viviron nun espazo xeográfico que sobordaba o actual territorio de Galicia. Onde se sitúan as orixes dos galegos? É esta unha pregunta á que se lle deron respostas moi diferentes dende hai máis dun século e medio. Segundo a época en que nos situemos, os celtas, os castrexos ou mesmo os romanos foron considerados os nosos devanceiros, tal e como podemos comprobar nos textos dos eruditos e historiadores galegos dos séculos XIX e XX. Celtas, castrexos e romanos sintetiza os principais procesos históricos da Antigüidade galaica: a aparición dos castros e as súas transformacións, o papel da guerra na vida social e cultural das poboacións do noroeste peninsular ou as mudanzas que estas experimentaron tras a conquista romana. Todos estes procesos non poden entenderse sen o protagonismo dos distintos pobos que viviron nun espazo xeográfico que sobordaba o actual territorio de Galicia.