Cerca -Galego-

Autor
Natalia Colombo
Editorial
Kalandraka Editora
ISBN
9788484646778
Idioma
Nº de páginas
36
Formato
Cartoné
12,00€

Sinopse A ilustradora e deseñadora arxentina Natalia Colombo gañou o I Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, convocado pola Concellaría de Educación de Santiago e a editorial Kalandraka, coa obra titulada “Cerca”. Considerado polo xurado como un “perfecto álbum ilustrado”, “Cerca” é unha fábula sobre a incomunicación, unha reflexión poética e profunda sobre as relacións interpersonais e o individualismo, sobre os desexos e as emocións. Dende o punto de vista literario destaca pola súa sinxeleza narrativa e a engranaxe interna do relato, que plasma o paralelismo entre as accións dos protagonistas: un pato e un coello que viven pechados na súa soidade; nese sentido, a obra invita ao lector a non darlles as costas aos demais, “privándose da posibilidade de compartir os momentos máis simples e felices da vida”, como explica a propia autora. A nivel estético, Natalia Colombo mestura diversas técnicas, dende a pintura con acrílicos ata o collage, ademais de deseñar unha tipografía propia. Tamén emprega diversos recursos visuais que lle permiten xogar cos conceptos de movemento e simetría, sen esquecer a combinación de cores, texturas e materiais, que lle imprimen estilo e carácter propio á obra no seu conxunto.