Sinopse
Neste segundo libro de Oriana Méndez todo parece destruído e acabado de nacer, como talvez se nos queira sinalar no título.
Tempo final e, tamén, comezo de todas as cousas. Os poemas non pretenden a reconstrución dos feitos nin a historia íntima da súa podremia; os feitos son representados na súa súbita aparición: fragmentados, dispersos ou tamén expandidos.
Cero desconfía do debuxo concluído, quizais por iso é unha indagación permanente sobre o centro mesmo dos significados