Chévere fai 35 anos e celébrao, logo de dous anos de estrañas circunstancias, traballando arreoe reencontrándose co público para ofrecerlle de novo algunhas das súas creacións máis senlleiras.Como parte desta celebración sae do prelo un volume no que os lectores e lectoras, poderán afondarna historia da compañía dende os comezos, na Compostela de 1987, ata os últimos acontecementoslogo da pandemia, pasando pola etapa da Sala Nasa, o Nunca Máis ou o Premio Nacional de Teatro concedidopolo Ministerio de Cultura no ano 2014 pola súa coherente traxectoria de creación colectiva, transgresión de xénerose conexión crítica coa realidade. Narrado en primeira persoa nun formato dialogadoe profusamente ilustrado, esta obra achéganos da man dos seus integrantes o proceso de creación das produciónsmáis significativas, algunhas editadas xa por Kalandraka na Biblioteca de Teatro.