Chamádeme Eva estructúrase en catro partes que se corresponden a diferentes momentos vitais dunha muller chamada Eva, sen mazá nen serpe. Nas primeiras dúas partes observase un forte contido erótico deixando para a terceira e a cuarta a presenza do desamor e a morte, fantasticamente personalizada na presenza do lobo. Un léxico claro, sinxelo, eficiente, un uso coidado da lingua e fermosas imaxes seduciron ao xurado para otorgarlle este premio.