Sinopse
Un dos inconvenientes que ten ser pantasma é que só a xente especial te pode ver.
Chan está tristeiro. Agarda sobre unha farola a que a súa amiga Menchu saia da Mansión da Xente Rara, onde a meteron. Non sabe cando ha saír. Pero non lle importa moito agardar. Ás pantasmas sóbralles o tempo.