Fun pasar as vacacións á Aldea Vella, onde vive meu tío Felipe, e botei alí unha tempada. E paseino ben, moi ben, falando con xentes dos arredores que sabían quen eu era; deprendendo novos xogos; vendo cada día ferramentas e animais que denantes só vira nos libros?
E entre unha leria e outra, veña de chamarme ?forasteiro?, con certa retrónica e con ese seu dicir tan chusco, tan pavero.