A Sara o que máis lle gusta da súa cidade son os moitos e moi fermosos parques que hai nela, porque é unha nena namorada da natureza. Este amor herdouno da súa avoa, que se chama Encarna. Ela non naceu en Compostela, senón na aldea de Parada, na serra do Courel, en Lugo. Alí Encarna, cando era nena, xogaba sempre cun pequeno que se chamaba Uxío e que de maior chegou a ser un dos poetas máis importantes de Galiza.