Sinopse
Este é un libro agardado. O seu autor ten creado renovadoras perspectivas políticas para a Galicia contemporánea. Afora, dende a distancia da actividade política e reflexionando sobre a filosofía e o poder, aporta este documento de vital importancia para interpretar as claves de moitos feitos da recente historia de Galicia, da que el foi protagonista principal.
O contrapunto á ética das formulacións de Xosé Luís Barreiro, nesta obra correspondeulle a Xosé Manuel Beiras, nun anti-prólogo no que se fala da ética e de estética, tamén de amizade, con Galicia no plano primordial