Sinopse
Mamá Grande só quere uns minutiños de tranquilidade na súa bañeira quente, escumosa e chea de burbullas. Pero Lester, Laura e o bebé teñen tanta enerxía e fan tanto barullo como sempre. A paz dúralle moi pouco a Mamá Grande.
“Cinco minutos de paz” invoca un desexo practicamente inalcanzable para quen ten nenos pequenos ao seu cargo: tratar de a illarse do mundo por un instante sen que eles interrumpan ese lapso de tempo co as súas inquedanzas, as súas imprevisibles ocorrencias e a súa espontaneidade. Destaca a elección de animais tan robustos como os elefantes para protagonizar un relato divertido e entrañable. Mamá Grande e as súas crías son habilmente humanizadas con atavíos cotiás e nun contexto doméstico ao inicio da xornada. A expresividad e dos personaxes reflicte un amplo abano de sentimentos: dende a resignación, o malestar ou a paciencia da nai, ata o arrepentimento ou o inocente entusiasmo dos pequenos paquidermos, que son pura enerxía.