Unha cita co aire é a historia de dous amigos que crean un vencello que a morte acaba por anoar.
Cando a vida se desfai en cinsas e o tempo anda cara atrás é o momento de enfrontarse cun mesmo, co propio pasado, coa constancia dos días e dos feitos. Así o fai o protagonista desta novela de Francisco F. Fernández Naval (Ourense, 1956) que explora as rutas da amizade, do amor e, tamén, ás da súa carencia. O autor de O bosque das antas e Sombras no labirinto, logra contaxiar unha paixon irrefreable, a da busca da identidade.