Sinopse Novela gañadora do IV Premio Rubia Barcia-Concello de Ferrol, na que se narra, con claras evocacións ao mellor Albert Camus, unha historia na que a protagonista, como consecuencia da morte da súa nai, se ve inmersa nunha inesperada loita interior que a leva, sen querelo, a analizar a súa vida, a relación coa nai e o anhelo do pai morto. Nesta novela saen á luz as contradicións que calquera muller pode chegar a ter a respecto das relacións de poder entre xéneros, contradicións que é necesario asumir para acadar a propia seguridade interior, para acadar a liberdade e, como resultado final, o poder persoal