Sinopse
Seica foi a finais do primeiro tercio do século IX, cando un eremita chamado Pelaxio empezou a contar que polas noites vía estreliñas saír das profundidades da fraga do monte Libredón, e que tamén de alí saían cánticos celestiais. O bispo de Iria, Teodomiro, acudiu ao lugar e despois de ordenar desbrozalo descubriu con asombro o sepulcro do apóstolo Santiago. A historia de Compostela pérdese no tempo, pero é este suceso o que a empurra definitivamente