A Consolación a Marcia tenta confortar unha matrona romana coetánea de Tiberio, que perdeu o seu fillo Metilio tres anos atrás. A Consolación a Helvia está composta para conforto da súa nai Helvia no transo do propio desterro motivado pola acusación de adulterio. Na obra non se menciona a causa do castigo. A orixe da consolación como xénero literario en Grecia estivo ligada a distintas escolas filosóficas. Eran os filósofos os encargados de dar resignación aos aflixidos. Tradución, introdución e notas de María Isabel Santos Davila.