As catorce voces reunidas neste volume xurdiron a partir do Obradoiro da Escrita impulsado en 2021 e 2022 polo Concello de Santiago co apoio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Son textos creados arredor da memoria histórica das mulleres e que sitúan ás mulleres no centro. A partir daqueles obradoiros naceu o colectivo Comadres das Letras.