Sinopse
Neste volume recóllense os relatos dunha nova fornada de escritores de literatura fantástica aos que xa algúns denominan "Xeración Estraña". As narracións de medo, anticipación, fantasía épica e, como non, "agroterror" enchen as páxinas desta Segunda Era de Contos Estraños e transpórtannos a un outro lugar onde abrollan os soños febrís, as visións oníricas e os medos da alma.