A avoa Xosefa pasara xa dos oitenta e cinco anos. O seus fillos e mailos seus netos distrutaran moito cos contos que ela lles contaba. Certo día, ó entrar a darlle as boas noites á boa, tódolos netos,sentados arredor da súa cama, decidiron contarlle cada noite un conto á avoa Xosefa e así axudala a dormir á calor dos contos.