O vento esperta moi cedo e vai ao traballo.
O vento ten por diante unha dura xornada laboral ...
A primeira montaña que houbo no mundo era unha montaña moi ambiciosa.
A primeira montaña que houbo no mundo quería ser aínda máis alta do que era.
Púxose a crecer, a crecer...
Aquel día choveu tanto, caeu tal cantidade de auga que as cores de todas as cousas,
de todas as plantas, de todos os animais e de todas as persoas se diluíron
e desvaneceron. Todo se vía destinguido...
Os contos para antes de durmir han de ser curtos; non como aquel conto tan longo que, cando se acababa de contar, xa era hora de que o neno fose ao colexio. Ou aquel conto longo no que os nenos quedaban durmidos pola metade e logo tiñan que soñar o final. Aínda que o conto máis longo que coñecemos é tan longo que cando se remata de contar, o neno xa é adulto.
Estes 28 relatos destacan non só pola brevidade, senón tamén pola súa agudeza narrativa, os xiros literarios e o gran sentido do humor. Son historias baseadas no nonsense que apostan pola orixinalidade e a chiscadela intelixente. Partindo da sinxeleza, sorprenden os lectores con cambios inesperados no curso dos acontecementos e finais que debuxan sorrisos, deixando un pouso de lectura gratificante, sacudindo a creatividade e invitando á reflexión.
David Pintor desprega as súas artes como debuxante e paisaxista, captor de momentos e situacións hilarantes, intérprete visual do talento literario de Carlos López. O resultado son estampas de liñas sinuosas e cheas de colorido, polas que perder a ollada e soñar con saltar ao plano do papel para percorrer os seus recunchos e ser partícipe das aventuras que transcorren nelas.