Era unha vez... ... o Sr. Bianchi, de Varese. Era representante de comercioe seis de cada sete días pasábaos viaxando por toda Italia, do leste ao oeste, ao sur, ao norte e polo medio,vendendo medicamentos. O domingo volvía á casa, e o luns pola mañá marchaba outra vez. Pero antes de partir,a filla dicíalle: «Por favor, papá: cada noite, un conto». Os 70 relatos deste libro maxistral son alfaias da literaturabreve, exercicios de imaxinación a raudais adobiadas de sentido do humor e surrealismo. Uns beben das fontesde clásicos como a Alicia de Carroll ou inspíranse nos contos tradicionais; outros presentan personaxes novos ou obxectosinexistentes nomeados con palabras inventadas. Gianni Rodari xoga coa sonoridade da linguaxe, practica unha escritametafórica de frases curtas e directas coa que potencia a oralidade.