#
Os fillos do vento é unha escolma de contos tradicionais xitanos. Esta escolla só tenta mostrar o talento dos contadores do pobo xitano, e a súa intensa e variada literatura oral, espallada polas máis diversas culturas e por múltiples territorios. E hai certos contos que se poderían incluír no patrimonio oral de moitos outros pobos, sendo o exemplo máis claro O barqueiro xitano. Porque hai un fondo común de moitas narrativas e porque o pobo xitano sempre libou de todas as culturas.