Sinopse
Contra a Casa da Troia é unha recompilación de tres ensaios sobre aspectos moi concretos da vida cultural de Compostela nos anos 1929-1936: institucións, personaxes e temas que protagonizaron unha época caracterizada por unha profunda modernización cultural, que se manifesta como unha simultánea europeización e galeguización e un intenso compromiso político en organizacións universitarias, republicanas e nacionalistas.