Este libro é verdadeiro testamento cultural e político do que pensaba e do que representou don Paco del Riego ao longo da súa vida, un testemuño onde ispe a súa alma e estrulla os miolos para transmitir todo o que sabía, pensaba e sentía sobre Galicia. Un libro sincero e auténtico, espontáneo, onde o entrevistado achega informacións históricas de gran valía e que de seguro resultarán de moito interese.