O mundo que habitarán e contribuirán a crear as adolescentes non podemos controlalo. Mais se puidésemos darlles un amuleto para que o levasen no peto, ese amuleto sería a coraxe. E por iso, no canto dunha espada ?ou dunha estrada de ladrillos amarelos?, dámoslles un libro. Esta escolma de poemas saídos da mente e do corazón dalgunhas das poetas máis potentes e representativas do panorama actual pretende ser unha despensa sen fondo da que nenas, rapazas e mulleres extraian a ración exacta de coraxe que a vida lles pida a cada momento.