Corazón De Vaca

Autor
Andreia Costas
Editorial
Editora Urutau
ISBN
9786587938202
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
98
Formato
Rústica
Colección
Rustica
14,00€

Todo aconteceu unha noite de tronada. Estabamos a navegar e sentín que afundiamos. Preguei: Santa Bárbara do ceo que es a máis bendita sácanos deste apuro ou déixote, maldita A vela da dorna rachou cun lóstrego. Berrei: —Xaime, achica! —Compadre, é moita auga! A nube alacrán achegouse á Santa. Rebulían xuntos. Da turbina celeste caeu unha vaca. Asímonos ao rabo da Rubia que nadaba salva. Deixounos na praia. Por iso ti te chamas Bárbara. —Outra vez, avó! A nena chuchou a crema de leite. Escoitaba.