Corazón Indomable

Autor
JOSIÑO ARAÚJO
Editorial
Cuarto de Inverno S. Coop. galega
ISBN
9791399013887
Idioma
Gallego
Publicado
2026
Nº de páginas
200
Formato
Rústica
Colección
Narración
16,50€

Se Corazón indomable vos soa a título de canción kitsch dos oitenta é porque, en efecto, se trata dunha canción kitsch dos oitenta. A súa intérprete, Beverly Oliveira, acadou con ela un meritorio terceiro posto no Festival de Eurovisión do ano 1984 e, dende entón, vive da lembranza daquel éxito. Un xoguete roto condenado a cantar Corazón indomable unha e outra vez nos peores antros, festas populares e programas do corazón. Malia a súa escrava existencia, Beverly, fumadora e bebedora empedernida, non perde o humor. Ten a retranca como principal ferramenta para lidar cos traumas do pasado, cun axente explotador e cunha filla déspota. Pero a apática vida da señorita Oliveira cambia radicalmente cando unha importante figura pública, coa que a cantante mantiña unha tensa relación, aparece asasinada, e Beverly convértese na principal sospeitosa do crime. Co reloxo na súa contra, rastrexando as rúas de Santiago de Compostela, a intérprete deberá transformarse nunha detective improvisada para pescudar quen é o verdadeiro asasino e así librarse da cadea.