Corazon Entre Desertos (Mandaio)

Autor:
Tucho Calvo
Editorial:
Biblos Clube De Lectores
ISBN
9788493732318
Idioma
Gallego
Nº de páginas
128
Formato
Rústica
16,00€

Corazón entre desertos é froito das relacións que se establecen entre a realidade e as súas metamorfoses. Desenvolvendo unha narrativa atenta a capta-lo pulso da vida, o libro conxuga ese verbo en diferentes claves, que van dende o apalpar nos aconteceres cotiáns ata a súa transmutación mítica, coma no conto que dá título ó volume. Os relatos que integran este libro reflicten as preocupacións que aboian en toda a obra deste autor, singularmente no que atinxe á comunicación entre as persoas, xa sexa no amor, na amizade ou na relación entre os pobos.