Cando romperon os ovos, os crocodilos reptaron ata a beira do río.Mais Cornelio ergueuse e foi o único que camiñou sobre as súas patas traseiras...A historia de Cornelio, como todas as obras de Leo Lionni, invita a pensar e a aprender importantes leccións vitais.O valor da diferenza, a comprensión e o respecto a quen non actúa segundo as convencións establecidas, ademais do esforzo que precisa a aprendizaxe, reflíctense neste clásicoda literatura infantil.