Sinopse
Un acontecemento traumático na costa de Galiza dá paso á distopía literaria de Costa Norte/ZFK.
Xurxo Borrazás fai unha incursión nunha zona de pesadelo industrial cun espazo físico e unhas relacións sociais opostas ás que coñecemos, ou non tanto, nun futuro que é apenas unha sofisticación do presente. Unha novela esteticamente impactante e radicalmente anovadora que nos fala da soidade do individuo, dos límites da natureza, das fronteiras do humano e do noso medo a espertar, a que o
monstro do real afogue a nosa capacidade para seguir a imaxinalo todo.