É xente dada a soltar sentenzas, que nunca perde a calma, un pouco pousafoles e cacharrentos, curados de calquera espanto, cun punto de luz no fondo do ollo que non se sabe ben se reflicte a infinita piedade e compresión que chegan cos anos ou a amargura ilimitada que se vai formando nas cotras máis recónditas do espírito. Eses vellos, desconfiados e sabidos, limpos e xenerosos, están aquí retratados de corpo enteiro.