Sinopse
"Hogano a nosa cidade estoupa en cachos. - cen barricadas cortan cada serán o tráfego insoportábel. - fogueiras, lumeiras, fachos de luz e moxenas ao vento coma confeti de desespranza (Galicia, desepranza, Cribeiro) mostran a cara dunha patria de cada vez máis contra o fondal de si, procurando cega avante. - e velos están aí eles. - os obreiros, conmovendo as rúas co seu esgutío de vermello e sombra porque é mil novecentos setenta e oito, aínda que ti non queiras e non ames a faciana proletaria do futuro, patriota de merda."