Unha breve historia da economía. Da Grecia Antiga ao século XXI Como os cartos, a falta deles, a insanidade e a inmoralidade construíron o mundo máis próspero de todos os tempos. Coiro, plumas, peixe seco, sal groso, cachaça, tabaco: todos estes artigos xa foron usados como moeda corrente. Con todo, o que de verdade funcionou foi outra cousa: o diñeiro falso, esa creación da Grecia Antiga que hoxe levas na carteira. Crac! fai un paseo por 12 000 anos de civilización e traza parelismos entre o pasado e o presente para explicar como funcionan as moedas, a inflación, as burbullas e o ir e vir infinito entre a euforia e a depresión da economía. Dunha economía cíclica que sempre se repite. Con este libro, has entender como os tulipáns, Isaac Newton, Homer Simpson e as carabelas explican o mundo do diñeiro. E saber mellor que facer e non facer co teu.