Sinopse
Considerado un dos fundadores da novela moderna, Fiódor Dostoievski é coñecido como creador de personaxes inesquecibles, nos que se encarna a loita do ser humano en busca do sentido da existencia. Unha das súas obras fundamentais é ''Crime e castigo'': terrible e fascinante pregunta sobre o ben o mal, sobre os límites do individuo. Nun escenario urbano de ruelas sombrizas, pensións desoladas e figuras fantasmagóricas, dominado pola presencia subxugante do protagonista Raskólnikov, esta intensa e absorvente novela mergulla o lector nunha personalidade criminal, obsesiva e atormentada polo remordemento.