CUÁN LONXE, CÁNTO!. O LEGADO POÉTICO DE SIR HOHN

Autor:
Sir John Moore
Editorial:
Medulia Editorial
ISBN
9788410324121
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
305
Formato
Rústica
19,90€

Xeneral Sir John Moore, escocés; militar. Charles Wolfe, irlandés; un poeta, ou poida que un aspirante a poeta, antes de que a tuberculose, a enfermidade que feriría tantos poetas, lle tirase a vida sendo aínda novo. Rosalía de Castro, galega; tamén poeta, quizais a maior poeta da lingua galega, sen dúbida a máis eloxiada. Tres figuras cuxa converxencia no século XIX debía moito ao azar e á serendipia, mais que tamén podería ensinarnos moito sobre as tres nacións que representaban. Este libro bilingüe pretende revalorizar o contexto histórico, antes de ofrecer exemplos do legado poético de Moore. Presenta unha escolma de poemas escritos por Wolfe, unha selección de obras da época que fan referencia a Moore e a Coruña e, finalmente, encabezada pola abraiante homenaxe de Rosalía de Castro, unha nova ollada a Moore por parte dos poetas galegos contemporáneos.