Sinopse
Interpretada a navegación de Pantagruel coma viaxe iniciática, como procura alquimista, como miscelánea topográfica, como itinerario mítico ou como arquitectura alegórica, as diferentes análises do ''Cuarto libro'' coinciden en sinalar que é unha constante transposición da realidade contemporánea en forma de violenta sátira contra o Papado e en apoio da da política galicana. E coinciden, desde logo, en sinalar que nesta obra a mestría verbal, a fértil fantasía e a mordaz diatriba de Rabelais chegan ao cénit