Era unha vez un cuco que cando viña o outono empezaba a aterecer de frío e tiña que buscar unha casa para pasa-lo inverno. Emprendeu un longo voo en busca de terras quentes e chegou a un fermoso país onde o sol enredaba todo o día coas plantas e cos cantos dos... cucos. E o cuco dixo: -Este vai ser o meu País de Inverno. E pensou que cando volvera ó País de Verán levaría unha ducia de ovos no fol secreto. Unha vez completada a rolada dos doce emprendeu a viaxe de voar para volver á casiña de verán. Un día de marzo empezou a preguntar a ver se alguén dispuña dun niño de categoría para os seus galanos e así foise atopando con tódolos seus veciños.