Sinopse
Hai varios días que Máquina falta da casa.
-¿Non che parece raro, mamá?
Xusta está moi preocupada e inqueda, os días van pasando e Máquina segue sen dar noticias de vida.
Xusta pensa naquel 6 de setembro no que cumpría seis anos e no regalo que lle fixo seu pai.
Era un cadeliño e movíase tanto que semellaba unha Máquina e ise foi o seu nome deica hoxe.