Sinopse
Dúas cartas son quen de poñer a andar a máquina das lembranzas, lembranzas do noso país perdido no que naceu un pastor vasco que pasou toda a vida nos Estados Unidos, tentando adaptarse a unha nova cultura que nunca será a súa, teimando coa súa nora irlandesa e decatándose de que ata o seu neto máis novo fala o inglés mellor ca el. Entrementres, as lembranzas recuperan as amizades nunca esquecidas da xuventude.