O presente volume non é un libro de memorias , nin é un libro de historia . Desenvólvese coa singularidade de ser unha e outra cousa . Dunha banda Xosé Estévez realiza unha confesión íntima , na que o autor reivindica a súa dimensión humana e identidade política ; e doutra o prolífico autor sintetiza o percorrido histórico da conformación de España e da materialización de alianza Galeuzca .