Que pasaría se unha máquina desenvolvese conciencia de seu? Cal sería, en tal caso, a súa opinión sobre a orde establecida?Unha novela de ciencia ficción ambientada na Galicia do presente pois, segundo o autor, "a apocalipse xa pasou". Os partidarios e inimigos desta Máquina revolucionaria cruzan os seus camiños, poñen en xogo as súas vidas. Mais só un dos bandos pode prevalecer.Con elementos do xénero policial, da novela psicolóxica e do ciberpunk, Alberto Lema construé un relato no que se decide nada menso que o futuro da civilización.