Sinopse As cinco obras que compoñen a presente antoloxía de Concepción Arenal constitúen auténticos retratos das condicións de vida das súas coetáneas, fotografías en que se amosa a dura realidade cotiá á que se enfrontan as mulleres de finais do XIX, acompañadas de rigorosas análises sobre os feitos maxistralmente descritos. Mais a escritora ferrolá reivindica tamén nestes textos, esgrimindo argumentos derivados da razón e da xustiza, cambios na consideración social das mulleres e na súa situación material, verdadeiras transformacións que contribúan a erradicar o ideal erróneo da «muller da súa casa» e fomenten a «independencia», alicerce da «muller do porvir»: unha muller educada, instruída, socialmente máis útil.