Sinopse
A integración escolar foi un dos grandes retos do sistema educativo durante o último cuarto do século XX. Presentouse como alternativa á segregación a que estivo sometida calquera forma de diversidade ao longo da historia.
Neste libro, preténdese analizar o impacto real que supuxo a política de integrción educativa para os profesionais, para as institucións educativas e para aqueles alumnos e aquelas alumnas a que ía destinada. Para logralo, contrástanse as propostas teóricas coa súa posta en práctica nos centros. Preténdese analizar se os cambios producidos foron superficiais ou de profundidade, reais ou aparentes, excesivos ou insuficientes e, desde esta análise, apuntar perspectivas de acción que permitan avanzar nunha mellor atención educativa á diversidade no futuro.