Dark Butterfly

Autor
Rexina Vega
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788499143361
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
176
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
19,50€

# A loucura como vivencia, a loucura como metáfora, como agudísima conciencia da dor de estar vivo. Esta é unha historia dura, triste, abrumadora, o relato da loita dunha corredora de marathon exhausta que procura o derradeiro alento para chegar á meta. Narrada nunha ambigua voz que camiña sobre o gume, que se amarra á linguaxe para non perderse, para exorcizar un mal que ameaza con esfarelar toda identidade, esta novela enfróntanos ao proceso da enfermidade mental como unha lenta e consciente deriva cara á escisión e a exclusión. Un literal descenso aos infernos ante o que a psiquiatría revela toda a súa impotencia. Dark butterfly é unha novela memorable, unha obra que deixa unha fonda pegada emotiva. A confirmación literaria dunha autora afouta que explora coa maior sutileza e profundidade unha das caras máis fráxiles e agochadas da condición humana.