De Darwin Ao Adn: Ensaio Sobre As Implicacións Sociais Da Bioloxía

Autor
Daniel Soutullo
Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788487847882
Idioma
Gallego
Nº de páginas
150
Formato
Rústica
10,52€

Sinopse O profesor Soutullo ofrécenos un interesante ensaio que pretende ser, ao longo dos diferentes capítulos que o compoñen, unha crítica ao determinismo biolóxico, a ideoloxía consistente en considerar que as facultades, comportamentos e relacións sociais humanas están causadas, de xeito practicamente determinante, polas características biolóxicas dos individuos, especialmente pola súa dotación xenética, sendo, en consecuencia, hereditarias. Se cadra a conclusión que se pode extraer deste estudio é que a ciencia non é socialmente neutra. Igualmente interesante para un lector de hoxe é o tratamento que o autor fai de temas de máxima actualidade como a relación entre a Sociobioloxía e a homosexualidade, o Proxecto Xenona Humano, a clonación de embrións humanos, a figura da nai-avoa e a falacia naturalista, etc.