De Fel O Mel

Autor
Patxi Zubizarreta
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788483026786
Idioma
Gallego
Nº de páginas
152
Formato
Rústica
Colección
Fora De Xogo
10,10€

Sinopse Selim naceu en Imlil, unha aldeíña do Atlas marroquí. Cada ano, polo verán, alí chegaba o flamante Renault de Mohamed, un veciño emigrado en París. Selim decide iniciar o mesmo camiño: unha longa viaxe cara a Francia na procura de fortuna. Dende as rúas de Marrakesh, onde malvivirá traballando en fedorentas tinturerías e como guía turístico, Selim viaxará ata a península na caixa dun camión. Percorrerá diversas comunidades ata chegar ao País Vasco. Na súa estadía atopará o amor e a amizade, pero tamén sufrirá o pesadelo da súa condición de emigrante ilegal. Esta novela de Patxi Zubizarreta é unha denuncia, enchida de tenrura, do contrabando de persoas. A cultura popular do Atlas marroquí (as tradicións, as formas de vida…), a memoria da tradición oral das lendas do pobo beduíno, a denuncia da tortura, o transporte ilegal de emigrantes, a vida nas pateras, o mercado de traballo fraudulento, a problemática do racismo e da xenofobia… son algúns dos temas desta novela de grande actualidade.