Sinopse
Chegou o momento. É tempo de acción.
Chegou o momento de actuares, de proclamares con firmeza que a Humanidade non vai seguir a padecer os despropósitos deste mundo fundamentado na opresión e na crise recorrente.
Ben sexa secretamente reunidos en Bilderberg ou a cara descuberta en Davos, os patriarcas financeiros seguen a impoñer a súa ditadura económica e dítanlles a Parlamentos cada vez máis impotentes como e cando suprimir os Dereitos Humanos e Sociais da cidadanía. Os mesmos que bendicen ditadores e paraísos fiscais a prol da súa estabilidade, e que temen os cidadáns responsabeis e soberanos do seu destino.
Mediante esta publicación coas súas reflexións recentes, Federico Mayor Zaragoza (Director Xeral da UNESCO entre 1987 e 1999) exhórtanos a implicarnos, reconstituírnos democraticamente e converternos de súbditos a cidadáns plenos; de silenciosos a participativos; de espectadores a actores. O que hoxe acontence nos países árabes demóstranos que o futuro non está escrito e que a libre circulación de información xogará un papel determinante.
A mordaza xa non serve contra as novas tecnoloxías de comunicación. Cando mesmo os silenciados conseguen cambiar o seu porvir coa forza das palabras, a postura do silencioso vólvese cómplice do pasado, asfixiante, indigna.
Un novo mundo á altura da dignidade humana podería, por fin, construírse nos albores do século XXI