Dentes De Coello

Autor
Paula Craballeira Cabana
Editorial
Edicións Positivas
ISBN
9788412475425
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
68
Formato
Rústica
Colección
Premio Laudamuco
10,00€

“Pasaba horas escoitando os paxaros. Foi vivir ao monte. A xente non atura que alguén se comporte así. Non o entenden. Desconfían. Sospeitan. Miña avoa tiña medo de que lle fosen facer dano, pero non, non se trataba diso. Todos os bosques teñen as súas pantasmas. Todos os pobos precisan o seu personaxe escuro, o malo dos contos.” (Extracto de Dentes de coello.) O xurado destaca o ambiente da peza na que o soño, a realidade e a violencia xeran unha paisaxe dual na que a realidade e a irrealidade se mesturan creando unha peza de gran carga atmosférica. … destacan os xogos de sombras e luces, o espazo sonoro, a carga simbólica das personaxes e o desenvolvemento dunha trama chea de terror e surrealismo semellante ás paisaxes audiovisuais do cineasta David Lynch. (Extracto da acta do xurado do IV Premio Laudamuco)