Velakí a portada do xornal máis importante de Abecedaria:MISTERIOSA DESAPARICIÓN DUNHA LETRA O"ke"esfumouse e ninguén sabe do seu paradoiro. ¿Esta será a última desaparición? ¿Algunha letra máis correrá a mesma sorte? ¿E se chegan a desaparecer todas? Abecedaria está en perigo. Dakela, o máis experimentado e desleixado policía de Abecedaria, o detective Peirot, recibe unha orde prioritaria: remexer onde faga falta. El é un tipo peculiar ke sempre garda un ás na manga. E, ao seu xeito, intentará desenfiar este enigmático caso. O futuro de Abecedaria está nas súas mans.