Sinopse
"Cando non saibades que facer, escribide un libro", díxolles un mestre ós seus alumnos ó empezar aquel verán.
Despois, durante as vacacións, un daqueles alumnos escribiu como viu unha noite ó trasno da montaña, como se bañaban os rapaces no río, como recollían as mazás do outono e como é a súa amiga Federica.