Sinopse
Unha xerarquía perfectamente estruturada foi imposta por unha elite de gardiáns da Tradición. Porén, incluso nun mundo baixo o máis férreo control, a arela pola liberdade é maior que o medo ao castigo.
Despois do cataclismo é unha historia sobre un futuro que moito se asemella ao pasado; unha reflexión sobre o sen senso da represión estrutural contra o que sae da norma; o conto dunha heroína sen nome, dun home que perde o entendemento, dunha comunidade que vive baixo terra, duns lideres que non permitirán ningún tipo de rebelión.
Despois do cataclismo non queda nada, porque a violencia sempre leva á fin.