Sinopse
Ventura sábese insignificante no seu entorno familiar e social. Os seus actos non deixan pegadas. É un ser anónimo entre os anónimos. Porén un mangado de acontecementos fortuítos fará saltar a espita da súa existencia de perdedor, poñendo en marcha un enredo que deixará tras de si unha estela de falsidades encadeadas.